jueves, 26 de marzo de 2009

A técnica do futbol sala


Mais vale maña que forza. Eran tan intelixentes que nin se despeinaban.

Campo a través


Conseguiron moitas medallas, individuais e colectivas. Loitadoras, sacrificadas, orgullosas do seu traballo.Eran o espello onde moitos e moitas se miraban

DE ANTROIDO


"Aproveitaremos a nosa cultura e os nosos recursos naturais ;aumentando o seu valor con formas artísticas conseguiremos que a riqueza quede na nosa terra" -idea do Marqués de Sargadelos.

martes, 24 de marzo de 2009

Nin tanto nin tan pouco


Os actores tiñan táboas, o demáis non importaba. O público estaba asegurado e os recordos demostran que non existen as dificultades; todo se supera.

Sen comentarios


Cada un ten o seu estilo. Uns sofren e outros soñan. Tamén hai quen xa vén de volta
Demasiada calor! Fomos moitos os que encendemos na terra da chispa. Ten algo sen igual que pode deixar a un en trance. Amén!

Artistas consagrados



Foron e son profetas na súa terra. Para triunfar non precisaron saír dela. A súa arte emocionou ós veciños e foráneos. Aí queda. Hai que roela!

martes, 17 de marzo de 2009

OS BENXAMÍNS


Canto futuro xunto? Prometían e chegaron lonxe.

Primeiro equipo de balonman


Metían respecto. Disfrutaban traballando. Pintaban as pistas, as porterias e tamén entrenaban. Tiñan plantilla dabondo para facer cambios en todos los sitemas. Fixeron canteira para outros equipos de niveis superiores. Os seus goles fixeron a ledicia de moitos. Souberon gañar e souberon perder. Que máis se lles pode pidir?

domingo, 15 de marzo de 2009

Recordos para disfrutar 3



Aquí temos o segundo equipo femenino de balonmán que esxistiu en Cervo. Seguindo o paso das maiores percorreron moitas pistas deportivas da mariña e da provincia lucindo as camisetas que elas mesmas confeccionaban coa axudas das nais e dos pais.

Recordos para disfrutar 2



O balonmán en Cervo tiña un arraigo importante grazas òs esforzos realizados neste eido polos irmáns Blas Fontán, Enrique Villares e outros moitos que acadaron méritos a niveis nacionais pero o primeiro equipo feminino de balonmán na historia de Cervo está nesta fotografía. Elas sementaron a idea de que deportivamente sabiano facer tan ben coma os homes.

viernes, 13 de marzo de 2009

Recordos para disfrutar




Vendo estas fotografía, sen dúbida dá a sensación de equipo. Ninguén o negará. Todas da mesma cor, con chandal uniformado,esponsor publicitario, etc... pero ningún outro equipo de baloncesto logrou o éxito de rematar un partido oficial cun resultado de dous a cero. Memorable!

sábado, 7 de marzo de 2009

ARREDOR DE NÓS


O día no que se celebrou o vintecinco aniversario do colexio de Cervo foi, certamente, un día de reflexión. Moitas das cousas que me dixeron personalmente fixéronme reflexionar. Hai vintecinco anos, tiven a sorte de formar parte da primeira tripulación daquel colexio. Non vou a caer na presunción dos que presumen de poñe-la primeira pedra , porque eu sei que os que viñeron detrás non lles foi doado colocar todas as demais pero sí quero rendir unha sinceira homenaxe ós meus compañeiros e , en especial, a vós. ás primeiras promocións de alumnos do colexio que, xunto cos seus pais, souberon encher aquelas catro paredes case baldeiras dunha ilusión , dun esforzo colectivo, e dunha filosofía digna de ser inmortalizada como modelo do que debe ser unha escola integrada nun pobo.
Moitas grazas a todos. De todos vós aprendín a disfrutar de Cervo ,da súa singulariedade e da vosa capacidade de valorar as cousas sinxelas para elevalas á categoría de sublime . Ata aprendín a disfrutar da marabilla de non precisar nin nome : eu era o profe, sin máis.
Non podía recibir de vós mellor agasallo.
A penas tiñamos nada pero sobrabanos de todo porque Cervo tiña e segue tendo algo que namora : un estilo propio, solidario pero non dependente porque os alumnos deste colexio saben desde cativos que en Cervo o que non hai faise , pois os pais nin botan nin combustible ós coches: “van facer gasolina”. Así que todos nos sentimos orgullosos deste pobo e deste Colexio e así será polo menos mil primaveras máis como dicía o meu veciño D. Alvaro quen, se formase parte da vida deste centro seguro que escribiría .
Saímos deste colexio polo pracer de regresar. Foi un pracer.

Os que ben me coñecedes sabedes que o meu estilo non é predicar senon esforzarme en que esa semente vosa nunca esmoreza; ese capital humano se traduza nun novo exemplo de colaboración, por iso se me ocorriu crear este blog para que todos os que
o desexen podan opinar daqueles anos, colgar aquí os seus recordos, coa liberdade que internet nos depara onde queira que nos atopemos e co respecto que todos nos merecemos. Sería unha fermosa maneira de vernos e compartir, de novo, un espazo común, o deste blog.
Déixovolo á vosa disposición: Quen queira enviar material , sentimentos, comentarios ou opinións pode facelo a través do correo electrónico e unha vez identificado dareille a clave para acceder como membro de este blog que é de todos. Unha aperta