Cando o Camiño non tiña albergues, cando ninguén confiaba na súa recuperación, agás Elias, o crego do Cebreiro, estes rapces de Cervo botaron trece días dende Piedrafita a Compostela, buscando refuxio, en faiados, pavillóns abertos, mosteiros, capillas e seminarios para conseguir a Compostela que refrenda o seu esforzo e unión con outros rapaces do colexio de Moeche.
Hoxe andan espallados polo destino pero unidos polos recordos e pola experiencia.
domingo, 23 de agosto de 2009
jueves, 26 de marzo de 2009
Campo a través
DE ANTROIDO
martes, 24 de marzo de 2009
Nin tanto nin tan pouco
Sen comentarios
Artistas consagrados
martes, 17 de marzo de 2009
Primeiro equipo de balonman
Metían respecto. Disfrutaban traballando. Pintaban as pistas, as porterias e tamén entrenaban. Tiñan plantilla dabondo para facer cambios en todos los sitemas. Fixeron canteira para outros equipos de niveis superiores. Os seus goles fixeron a ledicia de moitos. Souberon gañar e souberon perder. Que máis se lles pode pidir?
domingo, 15 de marzo de 2009
Recordos para disfrutar 3
Recordos para disfrutar 2
O balonmán en Cervo tiña un arraigo importante grazas òs esforzos realizados neste eido polos irmáns Blas Fontán, Enrique Villares e outros moitos que acadaron méritos a niveis nacionais pero o primeiro equipo feminino de balonmán na historia de Cervo está nesta fotografía. Elas sementaron a idea de que deportivamente sabiano facer tan ben coma os homes.
viernes, 13 de marzo de 2009
Recordos para disfrutar
sábado, 7 de marzo de 2009
ARREDOR DE NÓS
O día no que se celebrou o vintecinco aniversario do colexio de Cervo foi, certamente, un día de reflexión. Moitas das cousas que me dixeron personalmente fixéronme reflexionar. Hai vintecinco anos, tiven a sorte de formar parte da primeira tripulación daquel colexio. Non vou a caer na presunción dos que presumen de poñe-la primeira pedra , porque eu sei que os que viñeron detrás non lles foi doado colocar todas as demais pero sí quero rendir unha sinceira homenaxe ós meus compañeiros e , en especial, a vós. ás primeiras promocións de alumnos do colexio que, xunto cos seus pais, souberon encher aquelas catro paredes case baldeiras dunha ilusión , dun esforzo colectivo, e dunha filosofía digna de ser inmortalizada como modelo do que debe ser unha escola integrada nun pobo.
Moitas grazas a todos. De todos vós aprendín a disfrutar de Cervo ,da súa singulariedade e da vosa capacidade de valorar as cousas sinxelas para elevalas á categoría de sublime . Ata aprendín a disfrutar da marabilla de non precisar nin nome : eu era o profe, sin máis.
Non podía recibir de vós mellor agasallo.
A penas tiñamos nada pero sobrabanos de todo porque Cervo tiña e segue tendo algo que namora : un estilo propio, solidario pero non dependente porque os alumnos deste colexio saben desde cativos que en Cervo o que non hai faise , pois os pais nin botan nin combustible ós coches: “van facer gasolina”. Así que todos nos sentimos orgullosos deste pobo e deste Colexio e así será polo menos mil primaveras máis como dicía o meu veciño D. Alvaro quen, se formase parte da vida deste centro seguro que escribiría .
Saímos deste colexio polo pracer de regresar. Foi un pracer.
Os que ben me coñecedes sabedes que o meu estilo non é predicar senon esforzarme en que esa semente vosa nunca esmoreza; ese capital humano se traduza nun novo exemplo de colaboración, por iso se me ocorriu crear este blog para que todos os que
o desexen podan opinar daqueles anos, colgar aquí os seus recordos, coa liberdade que internet nos depara onde queira que nos atopemos e co respecto que todos nos merecemos. Sería unha fermosa maneira de vernos e compartir, de novo, un espazo común, o deste blog.
Déixovolo á vosa disposición: Quen queira enviar material , sentimentos, comentarios ou opinións pode facelo a través do correo electrónico e unha vez identificado dareille a clave para acceder como membro de este blog que é de todos. Unha aperta
Suscribirse a:
Entradas (Atom)