
O día no que se celebrou o vintecinco aniversario do colexio de Cervo foi, certamente, un día de reflexión. Moitas das cousas que me dixeron personalmente fixéronme reflexionar. Hai vintecinco anos, tiven a sorte de formar parte da primeira tripulación daquel colexio. Non vou a caer na presunción dos que presumen de poñe-la primeira pedra , porque eu sei que os que viñeron detrás non lles foi doado colocar todas as demais pero sí quero rendir unha sinceira homenaxe ós meus compañeiros e , en especial, a vós. ás primeiras promocións de alumnos do colexio que, xunto cos seus pais, souberon encher aquelas catro paredes case baldeiras dunha ilusión , dun esforzo colectivo, e dunha filosofía digna de ser inmortalizada como modelo do que debe ser unha escola integrada nun pobo.
Moitas grazas a todos. De todos vós aprendín a disfrutar de Cervo ,da súa singulariedade e da vosa capacidade de valorar as cousas sinxelas para elevalas á categoría de sublime . Ata aprendín a disfrutar da marabilla de non precisar nin nome : eu era o profe, sin máis.
Non podía recibir de vós mellor agasallo.
A penas tiñamos nada pero sobrabanos de todo porque Cervo tiña e segue tendo algo que namora : un estilo propio, solidario pero non dependente porque os alumnos deste colexio saben desde cativos que en Cervo o que non hai faise , pois os pais nin botan nin combustible ós coches: “van facer gasolina”. Así que todos nos sentimos orgullosos deste pobo e deste Colexio e así será polo menos mil primaveras máis como dicía o meu veciño D. Alvaro quen, se formase parte da vida deste centro seguro que escribiría .
Saímos deste colexio polo pracer de regresar. Foi un pracer.
Os que ben me coñecedes sabedes que o meu estilo non é predicar senon esforzarme en que esa semente vosa nunca esmoreza; ese capital humano se traduza nun novo exemplo de colaboración, por iso se me ocorriu crear este blog para que todos os que
o desexen podan opinar daqueles anos, colgar aquí os seus recordos, coa liberdade que internet nos depara onde queira que nos atopemos e co respecto que todos nos merecemos. Sería unha fermosa maneira de vernos e compartir, de novo, un espazo común, o deste blog.
Déixovolo á vosa disposición: Quen queira enviar material , sentimentos, comentarios ou opinións pode facelo a través do correo electrónico e unha vez identificado dareille a clave para acceder como membro de este blog que é de todos. Unha aperta